INVESTIR NO FUTURO

PLAN DE INVESTIMENTOS

Neste período de incerteza, debemos pensar como encarar o futuro e xerar riqueza local.

O Orzamento de 2021 e a incorporación dos remanentes do orzamento de 2020 permitirán xerar unha importante cantidade de postos de traballo. Uns 2.000, aproximadamente. E, ao tempo, a cidade terá uns novos equipamentos culturais e deportivos, melloras de reurbanización e dotación de novos servizos.

Asemade o gasto público vai permitirnos afrontar os retos que impón a loita contra o cambio climático: reciclar os residuos sólidos, compostar, reutilizar, tamén xera postos de traballo e mobiliza un grande capital técnico e científico que nos vai situar na vangarda mundial.

Por iso presentamos un plan de investimentos públicos co obxectivo de mellorar as condicións de vida dos veciños e veciñas.

Imaxe-destacada-reforma-Praza-de-Barcelos

Praza de Barcelos

Crear unha praza aberta á contorna e á veciñanza que favoreza a actividade comercial e priorizar os usos infantís.
Investimento: 5.792.987 €

SUPERA - reforma Rua A SANTINHA

Rúa da Santiña

Completar a rehabilitación do Camiño Portugués no treito urbano e aumentar a calidade urbana do barrio do Burgo
Investimento: 1.800.000 €
Reforma-Loureiro-Crespo

Rúa Loureiro Crespo

Esta reforma integral leva a mais alta calidade urbana até o estremo leste da cidade actuando en case 700 metros que van do Hospital á avenida de Lugo, e no barrio do Castañal
Investimento: 2.900.000 €
SUPERA - reforma Rua A SANTINHA

Rúa Rosalía de Castro

Transformar unha estrada de paso nunha rúa coas mesmas características e a mesma calidade urbana que o resto da cidade
Investimento: 1.792.586 €
PONTEVEDRA SUPERA logo BRANCO
Concello de Pontevedra - logo BCO
Efecto PO2 - logo BCO