COIDAR DAS PERSOAS

BENESTAR SOCIAL: REFORZO DO ORZAMENTO

Dende os primeiros momentos da pandemia, o Concello vén REFORZANDO o orzamento destinado a Benestar Social para non deixar a ninguén atrás. Nestes momentos supera os 10 MILLÓNS de euros de investimento nos distintos programas: emerxencia social, axuda ás entidades do eido social, renda social, inclusión social, atención a vítimas de violencia de xénero, comedores escolares, infraestruturas sociais… Pero permanece atento á evolución dos acontecementos e xa contempla a previsión de SUPLEMENTAR todas estas partidas no momento en que fose NECESARIO.

Ademais, acaba de crear un novo FONDO de 400.000 euros para a COMPRA de ORDENADORES para atender as novas necesidades das FAMILIAS.

Para coñecer todas as liñas de axudas podes conecertar unha cita no Servizo de Benestar Social nas súas oficinas de Chalé de Fontoira

Rebaixa da taxa de veladores

O Concello de Pontevedra acordou reducir nun 36,37% a taxa de veladores para 2021 debido aos prexuízos que tiveron que facer fronte os establecementos hostaleiros derivados da crise económica que acompañou á pandemia. Esta redución tivo en conta os períodos de peche obrigatorio e as porcentaxes de instalación de veladores que estiveron vixentes a finais de 2020 e durante o 2021, no período en que se devenga a taxa de veladores.

Axudas compra ordenadores

Esta pandemia cambiou as nosas vidas e tamén o xeito de traballar cobrando máis importancia as novas tecnoloxías. Esta necesidade tamén irrompía na escola, xa que as medidas tomadas implicaron o peche físico dos centros de ensino. Moitas familias tiveron que facer fronte a un gasto inesperado como a compra de novos equipos informáticos nun momento especialmente crítico. E é por iso polo que o Concello está traballando na próxima convocatoria de axudas a compra de equipos informáticos.

Está aberto o prazo para presentar as solicitudes, que remata o vindeiro 19 de maio de 2021

Adiamento de taxas e impostos​

O Concello de Pontevedra dá a posibilidade a todos os seus veciños e veciñas de adiar o pago de determinadas taxas e impostos no ano 2021. Esta decisión está aberta a toda a cidadanía para que todos os que o precisen poidan solicitalo.

  • Taxa da auga, lixo e sumidoiros. Pódese adiar o pago dos recibos dos vindeiros 3 bimestres até a data máxima do 10 de setembro. Cada persoa poderá decidir cando quere pagar os recibos chamando ao teléfono 986 86 33 35 (Viaqua).
  • Imposto de vehículos (IVTM). Amplíase o período de pago voluntario en 2 meses máis. A data límite de pago será o vindeiro 7 de agosto.
  • Taxa de veladores. O Concello bonificará o pago de taxa de veladores e tamén adiará o seu cobro até despois do verán. Os servizos económicos municipais están a estudar as contías a bonificar.

Axudas de emerxencia

É un procedemento excepcional de concesión de axudas a persoas en situacións de risco ou emerxencia que poden consistir en alimentos, aloxamento, tratamientos bucodentais, compra de electrodomésticos, facturas etc, co fin de atender as súas necesidades primarias. A liña de axudas está aberta todo o ano.

Renda social

É o procedemento para a de concesión dunha prestación económica de carácter periódico e temporal que pretende dar resposta ás situacións de vulnerabilidade. Ten carácter subsidiario e é incompatible coa Renda de Inclusión Social de Galicia (RISGA). Está dirixida a persoas cuxos recursos económicos resulten insuficientes para facer fronte a gastos específicos de carácter ordinario.

Axudas en especie pola crise da covid

Destinada á provisión de produtos e bens de primeira necesidade para situacións de urxencia social como consecuencia da crise sanitaria COVID19. Está especialmente destinada a persoas que se atopen en situación de grave dificultade para a provisión, por medios propios, de produtos e bens de primeira necesidade.

Atención á víctimas de violencia machista

Durante os períodos de confinamento, as mulleres vítimas de violencia machista estaban nunha situación de maior vulnerabilidade. É por iso que desde o Centro de Información á Muller seguen sigue co seu traballo de asesoramento integral. Alí atoparás un servizo de información ás mulleres, que proporciona asesoramento xurídico, atención psicolóxica, orientación profesional, información en materia de recursos dispoñibles no ámbito territorial e calquera outra información encamiñada á consecución da igualdade real das mulleres.

Convenio coa FANPA Comedores Escolares

O Concello de Pontevedra e a Federación Provincial de Asociacións de Nais e Pais de alumnos de Pontevedra, FANPA, asinan anualmente un convenio para o mantemento de servizos educativos complementarios: comedor e aula matinal (Plan Madruga) e actividades complementarias a estes servizos. Ten unha dotación de 258.000 euros.

Convenio coa FANPA para ludotecas

O Concello de Pontevedra e a Asociación de Nais e Pais de alumnos de Pontevedra, FANPA, asinan anualmente un acordo para a realización dun programa educativo e de lecer en distintos momentos do ano (verán, Nadal…) de apoio á conciliación familiar. Está dotado con 55.000 euros.
SUPERA - Planos fachada Centro Sur

Reforma do Centro Sur

A reforma dos andares superiores do Centro Sur permitirá transformar o edificio nunha infraestrutura social destinada a residencia para persoas dependentes con servizos de atención diurna que xestionará Amencer-Aspace e un Centro de Día de Amizade-Cogami. O orzamento desta actuación ascende a 1.547.903,10 euros.

Memoria do proxecto Centro Sur
Prego de contratación Centro Sur

SUPERA - Reforma Santa Clara

A Redeira

As dependencias municipais de Santa Clara serán transformadas nun edificio multidisciplinar que garanta a igualdade da muller en todos os ámbitos, incluído o económico, a través de proxectos colaborativos onde compartir experiencias. A actuación ten un orzamento de 90.739,75 euros.

PONTEVEDRA SUPERA logo BRANCO
Concello de Pontevedra - logo BCO
Efecto PO2 - logo BCO

Precisas axuda?

Fainos a túa consulta