APOIAR A CULTURA E O DEPORTE

AXUDAR AS EMPRESAS DO SECTOR

A cultura e o deporte son sectores básicos dende no tecido social e económico da nosa cidade. Pontevedra ten apostado directamente polo apoio á economía creativa para favorecer que se instalen na cidade aquelas persoas e empresas que desenvolven este tipo de actividads, e ten promovido espectáculos deportivos de innegable repercusión económica e fortalecemento da cohesión social.

Co estalido da pandemia o sector e as numerosas empresas auxiliares do eido cultural sufriron un tremendo revés. O Concello fixo todos os esforzos técnicos e económicos para, dentro das limitacións sanitarias e garantido a saúde pública, manter a programación cultural e festiva baixo o lema #Pontevedranoncancela.

No eido deportivo, a imposibilidade de manter un calendario racional nas competicións, menoscabou as febles economías das ducias de clubs do concello para os cales as axudas municipais son máis necesarias ca nunca.

Volve Cabos Soltos

Unha axuda adicada dedicada a incentivar ao tempo a industria cultural e fomentar o consumo comercial e hostaleiro. Trátase de organizar eventos culturais e de animación nos espazos públicos da cidade sempre e cando as ás condicións da cidade o permitan.

Tres liñas:

  • Actividades para comercios
  • Actividades para hostalaría hostalería
  • Actividades de lecer nocturno: no interior dos locais (coa necesaria licenza municipal)
SUPERA - cabos soltos

Programación de verán

Co bo recordo do verán de 2020, e seguindo as cautelas que marca a autoridade sanitaria, Pontevedra quere volver a apoiar ao sector da cultura, da creatividade, do espectáculo a través das Festas de verán 2021, que este ano comezan en xuño. Máis de 25 compañías e artistas serán os encargados de darlle contido aos 5 programas cos que arranca o verán pontevedrés.

Pontevedra foi exemplo estatal de boa xestión das festas de verán de 2020. Seguindo esa estela, e sempre tendo presente o respecto á normativa sanitaria vixente en cada momento, traballa xa nas festas de 2021. A súa referencia os datos de 2020: as máis de 300 actividades; máis de 200 artistas e compañías, tanto de forma independente como agrupadas en distintos programas; máis de 130 contratos tramitados, correspondentes tanto á parte artística (artistas e compañías) como técnica (empresas de control de aforos, de seguridade, valados, desinfeccións, son e iluminación).
SUPERA programacion de veran

Programación de nadal 2020

O nadal foi unha data clave para seguir a estratexia de maximizar o gasto nos eventos culturais e festivos. Baixo o título “Tempo de Nadal” deseñáronse moitas actividades nas rúas e nas prazas da cidade para dar color e tratar de influír no ánimo dos pontevedreses e pontevedresas logo de nove meses de pandemia. A programación foi o sustento de moitas empresas locais nestes duros momentos.
SUPERA - programacion de nadal

Axudando aos clubs

O Concello mantense atento ás necesidades dos clubs deportivos de Pontevedra que nestas circunstancias estanse a ver moi afectados economicamente. Ademais das axudas anuais, das colaboracións das Escolas deportivas municipais e dos convenios nominais, o Concello incrementará en 108.000 euros as axudas aos clubs para este 2021, superando os 850.000 euros anuais.
Multiusos-Panorama_nadir_ensamblado_Easy-Resize.com_
PONTEVEDRA SUPERA logo BRANCO
Concello de Pontevedra - logo BCO
Efecto PO2 - logo BCO